♀️Moi orgullosas de todas♀️

Club Deportivo Os Rosales no 8m

O por que de que o Club Deportivo Os Rosales súmase…



Este club naceu como club de barrio cun fondo social moi marcado, onde o importante, sobre todo, é a formación do deporte polos seus valores. De ningunha das maneiras pode concibirse un espírito deportivo sen pensar que todas as persoas, teñan o sexo que teñan, a súa orientación sexual, a súa cor de pel ou o seu nivel económico non poidan gozar das mesmas oportunidades ou dereitos nesta sociedade.

Por iso este Club súmase áo 8m, para achegar visibilidade a esta loita. Vai por todas as mulleres.