Fútbol Sala Infantil. Liga Local Galicia A Coruña. Fase Previa, Grupo B. Primeira xornada
Piña Colada 5 – 3 BV Asesores Los Rosales
Primeiro partido de unha nova tempada, que afrontamos con unha plantilla corta, pero moi equilibrada.
Xogaron: Martín de porteiro, Hugo Suárez, Jaime, Miguel, Hugo Palmou, David e Lucas.
Empezamos o partido nerviosos e algo cohibidos, sin soltarnos en ataque e con fallos en defensa, o que fixo que o rival se puxera por diante con dous goles en pouco tempo.
A partir de ahí empezamos a xogar moito mellor, máis intensos en defensa e creando ocasións en ataque, os últimos minutos da primeira parte e os primeiros da segunda foron de superioridade nosa, ata poñernos por diante con 3-2 e creando ocasións para marcar máis goles. Non soubemos controlar está situación e empezamos a precipitarnos e perder o balón demasiado rápido, dando facilidades a un rival con moita calidade, ata que acadou poñerse por diante e xa rematando o partido deixar o marcador no 5-3 final.
Moitas cousas positivas no partido, e tamén moitas que podemos mellorar. Seguiremos traballando cada día para ser mellor equipo.
Crónica: Toño Miranda