Atlético Arteixo 1 – Emilia Pardo Bazán 1

 

Fútbol Sala Prebenxamín

Os resultados parciais só demostran unha parte do que pasou no partido, 0-0, 0-0, 0-0 e 1-1, as defensas impuxéronse aos ataques.

O que non se reflicte no marcador é o xogo do equipo, superior ao rival a maior parte do tempo, xerando ocasións de gol, que unhas veces por fallos nosos e outras polas boas intervencións da súa porteira non conseguimos converter en gol. Moi boa actitude defensiva, cada perda de balón contrarrestábase cun gran esforzo por parte de todos.

Toca afianzar as cousas boas que fan no campo, que cada día son máis, e corrixir e mellorar no resto.

A seguir con esa actitude de esforzo e esas ganas de mellorar que demostran en cada adestramento.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #ceipepbazan #fútbolsala