Baloncesto Cadete Fem. B

CRÓNICA DO MEDIO

Estamos no medio da nada, no medio dunha densa néboa que non nos deixa ver o horizonte. Non sabemos cando despexará pero seguimos nadando porque vamos todas xuntas. Bueno, e porque para atrás non sabemos. Non temos novedades nin dos de adiante nin dos de atrás (que seguro que non os hai, pero tampouco é que nos interese moito).  O noso esforzo está concentrado en non perder unidades, agárrame da man que seguro que me separo do grupo e non nos vemos máis.

Estamos ahí, afundidas no fondo da táboa pero coa cabeza por fóra da auga, que é o que de verdade importa. O martes veu Emma enferma a «nadar» coas poucas que eramos no entreno, hai dous xoves atopei a Tainara facendo os deberes a todo meter na entrada do Masculino para exprimir ata o derradeiro minuto antes do adestramento. Este finde Elia vaise perder algo que lle fai moita ilusión porque escolleu o baloncesto coas súas compañeiras. Hai tempo que Sabela fai o esforzo da vida para vir os xoves, que cánto tiran os libros cando un quere apretar pero tampouco quero perderme o importante. Uxía fai malabarismos e entra voando na pista os martes co sorriso posto para adaptarse a calquera cousa que xa ten comezado sin ela, nunca un mal xesto.  

Lu asiste abraiada ás explicacións en «balleno» da súa adestradora, e levanta a intensidade da tarde cun par de accións nas que me mira de lonxe agardando un xuízo que non sempre é o que nos gustaría, e nese intre duplica o esforzo para acadar o obxectivo. E qué lle das a Paula para que sorría cada vez que lle botas a bronca nun partido e contesta: «sí, ya sé, me equivoqué pero ya me di cuenta».  Xa non me quedan folgos para falar da nosa «formiguiña», Lidia. Dous adestramentos e te atreves a fichar por este equipo de tolas ilusionadas, e cada paso é unha mellora e un sorriso, simplemente espectacular. Non podo falar de Lucía porque a tarefa da capitana triplica os esforzos que se lle esixen e os agradecementos que merece.  

 Nunha cabeciña de 15 anos cabe un equipo de básket, un grupo de amigas e unha banda de osadas.  E aínda por riba a aguantar á adestradora. Había tanto que non me deixaban tan claro que a que ven a aprender era eu…!

Estamos no medio da nada, seguimos nadando. Comeza a disiparse a néboa, casi que preferimos que non se vexa a orilla, estábamolo pasando tan ben…

 

ROSALES B: Elia Calatayud, Sabela Cavielles, Emma Vilafañe, Uxía Blanco , Lucía Fernández, Paula Lozano, Lucía López, Lidia Formigo.

E o noso agradecemento a todo o equipo infantil, en especial a Carmen Carou, Icía Balado e Maya Morrogh-Bernard, que amosan cada xoves que se pode ser feliz nas fauces do león e sumar. E que a pesares da néboa sempre botan unha man.