Baloncesto Cadete Fem: Franciscanos 36 – BV Asesores Los Rosales A 81

REGULARIDADE OFENSIVA(36-81)

O pasado sábado 8 as 12 da mañá, as chicas do cadete A, visitaban o equipo de Franciscanos na pista de Agra2. As rosaleiras, levaronse a victoria nun partido con duas partes ven diferenciadas, ainda que na anotación amosouse una boa regularidade (20-22-20-19)

Coma ven a ser habitual no noso equipo, comezamos con moitas dúbidas, sobre todo na nosa presión defensiva, e na fe das nosas posibilidades. De este xeito, recibimos mais puntos dos esperados na primeira metade (28). No ataque houbo melloria, saíndo mais o contraataque, e movendo con bo criterio o balón en estático ata encontrar as compañeiras millor situadas para os lanzamentos.

Unha das facetas que hai que mellorar moito e o rebote, sobre todo o defensivo, xa que sempre se permiten moitas oportunidades de tiro as rivais en cada ataque. Na segunda parte, nembargantes, mellorouse nese aspecto e tamén na nosa defensa, encaixando tan só 8 puntos.

Destacamos con todo o esforzo das rivais, que dende o terceiro cuarto poideron contar so con 5 xogadoras pola expulsión por faltas personais da número 28.

Boa noticia tamén e que anotasen tódalas xogadoras, que se esta a ter unha porcentaxe mais elevada no tiro exterior (4 triplas) e que debutase na categoría a infantil Sabela, que vai a dar moitas ledicias no noso clube. Ainda estamos a Decembro, e queda moita tempada por diante, e estamos seguros que o equipo irá adaptandose mellor o estilo de xogo e a categoría. 

 

 

FRANCISCANOS 36:  Vázquez, I.; Chico, I. (8); Ginés, P.; López, C. (18); Ovalle, A.(6) inicial Ameijeiras, S.(4)

Ent.: Betanzos, M.; Vidarte, M.

BV ASESORES LOS ROSALES A  81: Cagiao, A.(15); López, A.(12); Soto, N.(10); López, S.(10) Bello, S.(5) inicial  González, N.(22); Otero, S. (5); Bedriñana, L.(2)

Ent.: Rodil, M.

Crónica: Marcos R.