Benxamín Esclavas 27 – CD Rosales EPB 10 41

Benxamín CD Rosales EPB 10

Moi bo partido d@s nos@s benxas. Gran esforzo de todo o equipo en defensa para lograr unha vitoria que nos mereciamos desde fai un par de xornadas. @s nen@s realizaron un partido moi completo, corrixindo a posición defensiva na que se fixo fincapé durante varias semanas nos adestramentos, en ataque logrouse realizar un xogo con bastantes combinacións para buscar canastras fáciles.

Seguimos traballando cada día con máis intensidade e empezamos a descubrir un baloncesto diferente.

Estamos moi contentos co traballo do equipo, seguiremos traballando durante a semana para seguir con esta traxectoria.

¡1,2,3 Ro…sa…les!