BV Asesores Los Rosales 06 51 – Maristas Coruña 58

 

Cadete Masculino 06

Sen dúbida un dos mellores partidos da xornada. Igualado en moitos aspectos do xogo e no marcador sobre todo a partir do descanso. Moita xente díxonos que mereciamos gañar, pero sen dúbida Maristas pelexou ata o final sen renderse nin un só minuto, mentres que nós tivemos un desfalecemento mental no último cuarto que nos levou a perder a vantaxe acumulada durante o partido cun parcial de 6-19. Toca seguir traballando por mellorar, pero estou convencido que o noso equipo daranos varias alegrías durante a tempada.

Os meus máis sincero parabén para Jesús e Alba, eles xa saben que lles temos un agarimo moi especial.

¡1,2,3 Ro…sa…les!