BV Asesores Los Rosales 40 – A ad. A Mariña Burela 66

Preinfantil feminino 1a división

Partidazo das nosas preinfantiles o pasado sábado nos Rosales #ante un dos mellores equipos da categoría, que só a perdido un partido..

Empezaron poñéndollo moi difícil ás rivais cunha defensa que mellorou e volvendo mostrar a garra que as caracterizaba a pasada tempada. Só 7 abaixo no primeiro cuarto e 15 no descanso, moi meritorio dado o nivel superior do rival.

Un frouxo terceiro cuarto, cara a que se marchasen no luminoso… Pero cun ataque excelente, con paciencia e boa selección de tiro, foron capaces de gañar o último set por 12-10…seguen liña ascendente e van ter premio seguro en breve..

 

Grazas tambien ao apoio de pais e membros do club, neste difícil pero ilusionante tempada. E felicitar ao rival pola súa gran deportividade.

1, 2, 3, Ro Sa Les!!!