BV Asesores Los Rosales 41 – Santa María del Mar 37

Cadete femenino 04

Primeira vitoria da tempada. Desde o minuto uno o partido era noso, con todo, e a pesar da gran alegría dunha vitoria, custounos un mundo despegarnos no marcador e penso que deberiamos ter un resultado máis folgado. Aínda queda moito traballo para lograr unha intensidade que nos dea certa seguridade de fronte ao final de partido.

Ademais un final bastante caótico case nos dá un susto, e a un servidor pasaralle factura para futuros infartos.

Gustaríame quedarme unicamente co sabor da vitoria, e a verdade é que me alegro moitísimo por elas. Pero aínda non estamos na senda positiva, así que seguiremos dándolle voltas aos adestramentos e partidos.

¡1,2,3 Ro…sa…les!