BV Asesores Los Rosales 81 – Sto. Domingo Betanzos 38

Cadete Feminino

O sábado 23 de Abril xogaban as nosas mozas en casa contra o equipo de Betanzos.

Comentábase en vestiario e é verdade: o xogar contra este equipo sempre nos dá unha sensación de derbi, e para que negalo….es un sentimento que nos gusta.

Nos primeiros minutos non parecía que o partido fóra a estar ao noso favor…non estabamos a xogar mal, todo o contrario, pero ou o balón non quería entrar ou o aro non estaba a favor de que entrase a bóla. Con todo, e demostrando (unha vez máis) a súa alma peleona, as mozas seguiron deixándoo todo na pista e conseguiron non só remontar, senón, marcar unha gran distancia en marcador, o cal nos permitiu xogar bastante cómodas os últimos minutos.

Fixeron nosas xogadoras unha moi boa defensa, estando atentas ás liñas de pase, cubrindo moi ben á xogadora con balón conseguindo non só que deixase de botar se non que tamén dese malos pases, perdese balón, etc. Foron varias as ocasións nas que conseguimos que o rival chegase ao tempo límite tanto en ataque como para cruzar o campo…así que, si, foi unha moi boa defensa.

No que refire ao ataque, aplicamos varios movementos que levabamos practicando desde hai tempo, e ata onte case non utilizaramos en partido practicamente. Púidose ver un ataque tranquilo, onde nós tiñamos o control e marcabamos o tempo cos pases, cortes, etc. Houbo determinados momentos nos que lemos moi ben tanto á hora de dar unha asistencia como de xogar para dentro ou facer un tiro. Tamén destacar por suposto a perda de medo a botar e xogar dalgunhas das xogadoras, que onte saíron con confianza á pista e demostraron (se) o moito que son e poden dar.

En conclusión, o de onte foi un moi bo partido, de feito un dos mellores da tempada. E non o digo polo resultado, se non, polo que se vía na pista. Un xogo moi bo o que onte fixeron as nosas mozas, xogando con cabeza, calma, confianza e coa intensidade que as caracteriza.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #senior