BV Asesores Los Rosales 9 – Basket Coruña 59

Preinfantil feminino 1a división

Que está categoría é complicada é un feito, que Basquet Coruña é o rival máis incomodo para nosas xogadoras, outro. O factor anímico únese á inferioridade física para derrotar case de antemán ao noso equipo.

Con todo, aguantaron en defensa o primeiro cuarto e pasado o seu ecuador as rivais estaban en só 8 puntos. No segundo marcháronse cun parcial demoledor e sentenciaban.

Bo ritmo rosalero no terceiro cuarto, pero con moitísimos problemas no tiro e rehuyendo calquera intento de 1×1…a melloría está a chegar sobre todo na saída de balón, minimizando a cantidade de botes e evitando mellor as presións defensivas rivais. A seguir traballando.

¡1,2,3 Ro…sa…les!