Cadete Femenino Obradoiro 43 – BV Asesores Los Rosales 50

Baloncesto Cadete Feminino 05

Segunda vitoria deste equipo, que aos poucos vai mellorando na clasificación.
O partido foi moi duro, tanto a nivel físico como por motivos do pavillón.

Debido a dúas pingueiras e á gran condensacion, non puidemos gozar dun partido como o que todos esperabamos ver.
Empezamos moi enchufados cunha parcial inicial de 0-8, e debido a unha falta de concentración das nosas xogadoras e constantes resbalones e caídas fixo que o partido se fose axustando.
Hai que mellorar aínda neste equipo, pero aos poucos conseguirase con actitude por parte das xogadoras como do seu adestrador.

1, 2, 3, Ro Sa Les!!!