Cadete Masc: Básquet Coruña U16 98 – BV ASESORES Los Rosales 30

Básquet Coruña U16 98 – BV ASESORES Los Rosales 30

O que parece unha durísima derrota para un servidor, o adestrador, foi unha demostración do que pode chegar a facer o noso equipo.

Un rival moi moi superior en todos os aspectos do xogo dedicouse a facer o seu partido. Pero os nosos aguantaron o mellor que puideron un ritmo moi esixente e demostraron que se queren poden correr de verdade.

 

 

 

En defensa víronse moitas cousas positivas e o rival tivo que recorrer a tiros afastados para ir avanzando no marcador. Aquí hai que dar o parabén ao Básquet Coruña polo seu alto acerto desde a liña de 6’75.

 

 

En ataque van saíndo cosas pero aínda baseadas nun xogo moi individualista, detalle no que nos temos que poñer dá traballar moito máis.

Tamén un pracer ver facendo a mesa do partido a unha exxogadora e a unha xogadora. Moitas grazas tamén a elas por poñelo fácil.

 

1, 2, 3 Ro Sa Lles…!!!