CB Cambre 07 65 – BV Asesores Los Rosales 78

Cadete Masculino 06

Último partido oficial da tempada destes rapaces nados en 2006. Xogamos contra o CB Cambre un partido que a priori parecía semellar fácil dado o resultado da ida en casa, pero tivemos a grata sorpresa de que Cambre deu un paso adiante en intensidade e en dinámicas.

Pola nosa parte tamén tivemos un partido moi acertado en aspectos defensivos e bastante resolutivo no ataque. Tras toda a tempada machacando aspectos como por exemplo a zona press ou pequenas normas de ataque, vimos que cando estamos nun pico de intensidade funcionan as mil maravillas, e que este equipo pode facer disfrutar moito á grada.

Probablemente sea a última crónica do equipo, polo que quero darlles a noraboa a cada un deles por confiar e comprometerse coas ideoloxías deportivas marcadas, por todo o esforzo adicado nos partidos e nos adestramentos e por ser un equipo unido dentro e fora da cancha de baloncesto. Un aplauso para todos vos e moitas grazas por todo.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #cadete