CD Los Rosales EPB 16 – Basquet Coruña U11 66

 

Mini Basket Masculina

Final de tempada cun partido de copa con 3 benjamines e todos os de primeiro ano.

Os primeiros cuartos foron algo tensos, o BCA era superior en altura e en nivel, pero con pases e algo de maxia conseguiuse sacar adiante o partido e xogar mais tranquilos a pesar da diferenza. Os benjamines xogaron como un mais, con algo mais de medo tomando decisións pero con moito acerto nos pases. Os de primeiro ano fallaron en pases que eran fáciles de ler pero as súas ganas de xogar deulles moitos rebotes e canastras por insistir mais.

Un peche de tempada onde os jovenes puideron tomar mais responsabilidades para dirixir o equipo no campo, marcar defensas e dicir posicións no campo. Como todo inicio é algo descontrolado e houbo algun erro na defensa pero un tempo morto soluciónao e todo segue funcionando. Puidemos xogar con moitos mais pases xa que o equipo contrario obrigábanos ao ter unha moi boa defensa en 1×1.

Como resumen un partido que nos deixa bo sabor de boca pero con moito a mellorar o ano que vén.
Agradecer á bancada que estivese todo o ano animando e motivando e que nos veremos o ano que vén con mais ganas de xogar.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀 #minibasket