Emilia Pardo Bazán 1 – Colegio Liceo 2

 

Fútbol Sala Prebenxamín

Estamos rematando a liga competindo os partidos contra os equipos mellor clasificados, partidos nos que non se nota a diferencia na clasificación.
Empezamos o partido sendo superiores, gañando o primeiro cuarto e empatando o segundo, pero ca sensación de que tamén o puidemos ganar.
A partir de aí, o liceo mellorou o seu xogo, creando moitas ocasións de gol, que non soubemos defender, sobre todo o balón parado, no que estivemos moi estáticos.
Coma sempre, o que xa non nos sorprende, actitude e deportividade do equipo e da afección, de dez.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #ceipepbazan #fútbolsala