Emilia Pardo Bazán 2 – Club del Mar 1

 

Fútbol Sala Prebenxamín

A semis de Copa!!

Partido tremendamente igualado e competido, o resultado final non estivo decidido ata os últimos segundos, calquera resultado era posible e os dous equipos estiveron a un gran nivel.

Empezamos gañando o primeiro cuarto pero o segundo o gaña o Club del Mar e empata o partido. O terceiro cuarto remata con un empate que deixa toda a emoción para o último cuarto.

Empezaron marcando eles neste cuarto, pero pronto empatamos e así estivo o marcador ata que practicamente no derradeiro minuto acadamos o gol que nos dou a victoria.

Con este resultando, chegamos ás semifinais de copa, xunto cos tres primeros clasificados no torneo de liga o que indica o mérito deste equipo. O resultado non pode esconder o máis importante, gañemos ou perdamos, este equipo sae a pasalo ben, a xogar cos amigos, a comportarse con deportividade e a desfrutar xunto cas familias, que demostran dende a grada cada día a mesma ilusión e deportividade que o equipo.
Ahora nos toca a semifinal contra o campión de liga, o Troula Betanzos F.S., o próximo domingo no pabellón municipal de Betanzos. Difícil, pero seguro que o pasaremos ben.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #ceipepbazan #fútbolsala