Emilia Pardo Bazán 4 – Hercules Batallador 0

 

Fútbol Sala Prebenxamín

Vitoria contundente e clara, dominando os catro tempos, creando ocasións e cunha gran actitude defensiva que fixo que o rival non puidese marcar ningún gol.

Buscamos asegurar a vitoria en cada parcial e a partir de aí o noso obxectivo xa non era aumentar a diferenza de goles, senón que aproveitamos para cambiar de posicións no equipo, o que provocou momentos de indecisión, pero ese pequeno caos provocado é positivo, ao ter que responder a situacións pouco habituais e buscar novas solucións.

Seguimos buscando mellorar a posición no terreo de xogo e ser máis efectivos nos pases.

Un comportamento que quero destacar, que o equipo repite en cada partido, pero que sucedeu onte en varias ocasións, é que cando alguén se queda no chan lesionado, esquécense do balón, da xogada, sen importar a situación, automáticamente paran e interésanse pola persoa que está lastimada, dando un exemplo da súa calidade como persoas.

Se o deporte nestas categorías non está asociado a estes valores, non ten sentido.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #ceipepbazan #fútbolsala