Fútbol Sala Alevín: Emilia P.B. 2 – 5 Club del Mar

Fútbol Sala. Pavillón Os Rosales. Liga Local Galicia Alevín. Terceira División.

Emilia P. B. Los Rosales 2

Club del Mar San Amaro 5

Xogaron Joel e Marcos, porteiros, Luis, Martín, Nico, Mateo, iker, Miguel e Jordi.

Empezamos o ano xogando un mal partido.  Fomos superados dende o principio e, en ningún momento, demos a sensación de poder competir polo partido.

 

Non sabería decir ningún aspecto do xogo no que estivéramos acertados. En defensa non conseguimos roubar balóns en campo contrario, permitindo moitas ocasions para os rivais. Cando tiñamos a posesión do balón, apenas conseguimos superar a presión que o Club del Mar facía no noso campo, con moitas perdas perto da nosa portería, sin facer pases, nin dar apoios aos compañeiros.

O único que podo destacar,  é a actitude de entrega e esforzo de todos os xogadores, que ata o último minuto non deixaron de correr, sen renderse en ningún momento.

Seguiremos traballando e, seguro, mellorando.

 

Crónica e foto: Toño Miranda