Fútbol Sala Alevín: Emilia P.B. Los Rosales 0-1 Exa Roble “C”

Fútbol Sala Alevín. Liga Local Galicia. 3ª División. Jornada 4.

Emilia P. B. Los Rosais 0- 1 Exa- Roble C

 

Xogaron o partido Marcos, Joel, Iker, Carol, Miguel, Mateo y Martín

Partido moi igualado que se resolveu nunha xogada de estratexia na que o rival acadou o único gol do partido.

A partir de aí, todas as ocasións foron resoltas con boas intervencións dos porteiros.

Seguimos cos mesmos erros da semana pasada, ante unha defensa cerrada no seu campo, nos precipitamos, abusando da conducción e do regate, sin movementos dos xogadores sen balón que faciliten combinacións e paredes para achegarse á porteria rival, así acumulamos moitas perdas de balón qué propician contraataques fáciles do rival.

Co paso do tempo, aumenta a precipitación e nerviosismo, creando algunha ocasión a base de esforzo e loita, sen acadar marcar ningún gol, a pesar do cansancio dos rivais, que xogaron todo o partido sin cambios.

Queda esperar e ver si no próximo partido somos capaces de seguir co esforzo e entrega, engadindo máis orden e tranquilidade no xogo.

 

Crónica. Toño Miranda