Fútbol Sala Alevín: Exa-Roble»C» 4 – 2 Emilia P.B. Rosales

Futbol Sala Alevín. Liga Local Galicia. Xornada 3.

Exa-Roble C 4 – 2 Emilia P. Bazán Rosales

Partido xogado o domingo 11 ás 10:30 no polideportivo de Os Rosais. Xogaron polo Emilia Jordi, Miguel, Iker, Martín, Marcos, Joel, Mateo e Nico.

Partido  moi  igualado,  xogando  con  moita  intensidade  e  no que merecimos un mellor resultado.

Empezamos o partido ben asentados en defensa e saíndo da súa presión alta sin demasiados problemas. Pero en dez minutos e sen que apenas tiveran ocasións, conseguiron  dous  goles.  A  partir  de  ahí,  xogando  sempre  por  debaixo do marcador, aumentamos a presión en todo o campo, conseguindo que apenas se achegaran á nosa portería, e xogando case todo o tempo en campo contrario.

Con unha boa xogada acadamos o primiero gol, chegando ao descanso con 2-1 en contra. Empezamos a segunda parte presionando igual, pero en dous minutos un fallo na saída de balón dende o noso campo e un contrataque ben levado polo rival e nos encontramos con un 4-1 en contra.

A pesar do resultado, os nosos xogadores seguiron metidos no partido, esforzándose e presionando, conseguimos o segundo gol, e nos últimos dez minutos, acumulamos unha tras outra boas ocasións de gol, con boas xogadas e sen permitir ocasións do rival, pero non conseguimos marcal mais goles. Así o 4-2 final non demostra a nosa superioridade, sobre todo nos minutos finais.

 

Crónica: Toño Miranda