Fútbol Sala Alevín: V. Amarelle FSF 4-1 Emilia P.B. Los Rosales 7-3 EXA Roble «C»

Fútbol Sala Alevín. Liga Local Galicia. 2ª División

Viaxes Amarelle FSF 4- 1 Emilia P. B. Los Rosales (Venres, 8 de marzo)

Emilia P. B. Los Rosales 7- 3 Exa- Roble “C” (Domingo, 10 de marzo)

 

O pasado fin de semana xogamos dous partidos, o venres contra o Viaxes Amarelle FSF, e o domingo ante o Exa-Roble “C”.

 

As sensacións do venres ao domingo foron totalmente opostas.

O venres , nos superaron totalmente, sobre todo na primeira parte, aos 10 minutos xa estabamos con 3-0 en contra, con un Viaxes Amarelle que superaba con facilidade a nosa defensa e que presionaba en todo o campo, sen deixarnos acercar á súa portería. Na segunda parte igualamos o partido, creamos ocasións, pero entre a súa porteira e a mala sorte, non acadamos acercarnos no marcador, acabando o partido con un 4-1 xusto para o feito por ambos equipos.

O domingo lle demos a volta á situación, aínda que empezamos perdendo casi na primeira xogada, en seguida empezamos a dominar o partido, con una defensa ben posicionada e presionante, creando ocasións e poñéndonos por diante no marcador, ata chegar ao descanso con un claro 5-2 ao noso favor.

Na segunda parte continuamos sendo moi superiores, mantendo a distancia no marcador e dominando ao rival en todos os aspectos do xogo, ata rematar co 7-3 definitivo.

 

Crónica: Toño Miranda