Fútbol Sala Alevín: Viaxes Amarelle FSF 2 – 2 Emilia P.B. Rosales

Fútbol sala Alevín. Liga Local Galicia. 3ª División. Jornada 3.

Viaxes Amarelle FSF       2

Emilia P. B. Los Rosales 2

Xogaron para o Emilia Joel e Marcos, porteiros, e Carol, Martín, Yanís, Miguel, Jordi, Luís, Mateo e Nico.

Comezamos o xogo ordenados en defensa, sen permitirlles pasar do seu campo, e cando tivemos o balón, combinando ben para crear perigo.

Deste xeito, en sete minutos, atopámonos cun claro 2-0 ao noso favor.

A partir de aí nada funcionou, precipitados en ataque, abusamos de driblar, esquecémonos de pasar a pelota e a defensa desorganizada e mal colocada, polo que o seu primeiro gol chegou logo dunha perda, e despois o segundo, nunha contra, aproveitando que todos subimos ao ataque.

O resto do partido un gran esforzo e entrega, pero sen control, tolo, intentando entrar na súa portería coa pelota, e desde o banquiño cos cambios, aínda aumentando ese caos.

Podemos gañar nalgúnha xogada individual, pero non o merecemos, ao final un resultado xusto para os dous equipos.

 

 

Crónica e fotos: Toño Miranda