Fútbol Sala Alevín: A.R.B. 5Coruña «B» 1 – 6 Emilia P.B. Los Rosales

Liga Local Galicia. Fase Previa. Grupo A. Xornada 6.

Academia Red Blue 5 Coruña “B” 1- Emilia P.B. Los Rosales 6

Partido xogado o domingo 25, no pabellón de Cocheras ás 19:50.

Xogaron polo noso equipo Joel e Marcos, porteiros; Martín, Nico, Miguel, Mateo, Luis, e Jordi.

O resultado non reflexa o que foi o partido. En ningún momento houbo tanta diferenza entre os equipos como a que recolleu o marcador.

Este resultado explicase de varios xeitos. O primeiro foi a nosa defensa, en dous aspectos, no seu campo na súa saída do balón, conseguimos moitos roubos cerca da súa portería e dificultar sempre a súa posesión. O segundo aspecto no que estivemos moi acertados foi tras perder o balón, defendiamos as súas transicións e contras sempre con cabeza e calidade, dando tempo ao resto do equipo a baixar, evitando que se achegaran á nosa portería en superioridade. Houbo un terceiro aspecto que tamén foi clave, e foron as intervencións dos nosos porteiros, neutralizando unha tras outra todalas ocasións que crearon os rivais con moi boas paradas.

En ataque estivemos moi acertados, non tivemos perdas de balón cerca da nosa portería, superando a presión do rival. O resto foi o que está presente neste equipo dende o primeiro día, traballo e esforzo continuo, sen pensar no resultado.

Acabamos a primeira fase da tempada con un bo resultado, agora toca empezar tratando de mellorar día a día.

Crónica: Toño Miranda