Fútbol Sala Benxamín: Emilia P.B. Rosales 5 – 1 Hércules «B»

Liga Local Galicia. Categoría Benxamín. Xornada 4.

Emilia P.B Los Rosales 5 – 1  Hércules “B”.

Domingo 18 de novembro ás 11:00 no pavillón dos Rosales.

A convocatoria estivo formada por: Adri Robleda, Jorge, Edu, Dani, Ramón, Mateo F., Xabi, Diego, Elaji e Artai.

Atopábanse dous equipos moi parellos nun encontro no que prometía fortes emocións e un bo xogo por ambos conxuntos.

O partido non podía comezar mellor, mediante unha alta e boa presión por parte dos nosos conseguindo que o rival non conseguise saír xogando dende atrás, roubamos un balón no campo contrario e tras unha rápida finalización logramos poñernos por diante nos primeiros intres do encontro. Pero como prometía este partido, o opoñente reaccionou rapidamente colocando o empate no marcador.

Despois deste movido comezo, o encontro calmouse un pouco con posesión máis longas e tendo un maior control do partido ata chegar ao descanso con un 1-1 no marcador e con unha igualdade máxima e non sería ata a segunda parte cando o partido racharíase por completo.

Unha vez iniciada a segunda parte, e tras uns intres de dúbidas e ocasión para ambos conxuntos ben resoltas por os nosos porteiros, comezamos a desmarcarnos no marcador con un acerto cara portería espectacular. O rival realizaba unha alta presión da cal, mediante rápidas combinacións, conseguíamos saír e colocarnos enfronte da portería rival resolvendo con gol na maioría das ocasións. Isto viuse reflexado no marcador, rematando o encontro cun 5-1.

Gustaríame darlles os meus parabéns aos nenos pola boa actitude, concentración, esforzo e bo comportamento en xeral que demostraron e demostran non só neste partido, senón tamén nos adestramentos da semana.

Estamos nunha boa dinámica pero sempre pódese aprender e mellorar moito máis e seguindo pasándoo ben, iso sen dúbida.

Crónica realizada por Iñaki Vázquez García.