Liceo 28 – BV Asesores Los Rosales 64

Baloncesto Infantil Masculino

Primeira vitoria da tempada para os nosos mozos. Era necesario un resultado deste tipo para animalos a continuar poñendo ánimo e esforzo no seu traballo durante a semana.
Pouco hai que comentar deste encontro máis que felicitar aos xogadores polo seu traballo en equipo, a súa mellora en defensa e outros detalles respecto a partidos anteriores.

Un gran aplauso para este equipo que aos poucos van demostrando o que son capaces de facer, e con permiso, darlle o gran parabén aos xogadores de primeiro ano, que este sábado deixaron os nervios ao carón e empezaron a mostrar a súa soltura no novo campo tras o cambio de categoría.

Moitas grazas á nosa bancada, por estar aí, e animar como ninguén !!! E aos nosos mozos…seguide así, ides polo bo camiño!!!

 

1, 2, 3, Ro Sa Les!!!