Los Rosales EPB 27- CB Laracha Multiagro 25

 

Mini Basket Feminina

Partido con final emocionante o disputado este domingo no Agra2 por nosas alevíns fronte a Laracha, no que ao final as nosas xogadoras lograron remontar unha vantaxe máxima de 8 puntos levándose unha sufrifa vitoria.

A pesar dos baixos algarismos do resultado do partido, non significa que a porcentaxe de tiro fose máis baixo que noutras ocasións, simplemente, houbo moitos menos tiros. As loitas e as perdas de balón foron a constante do partido. O noso equipo, máis pendente de quedar das faltas, que de facer as cousas ben, saíu xa de inicio cunha tremenda carencia de intensidade, tanto ofensiva como defensiva. Quizais o parón do Nadal ten algo que ver, como comprobamos noutros equipos.

O bo, é que cando se gaña un partido por 2 puntos e no que custou un mundo anotar, a satisfacción para o equipo é maior. Moito aínda que traballar, pero hai fe na melloría.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀