Maristas Champagnat 71 – BV Asesores Los Rosales 21

Un inicio de tempada cun resultado bastante negativo, 71-21. Con todo, non nos tomamos esta derrota a malas, xa que, desde o segundo 1 de partido, os nosos mozos demostraron as ganas e forza que lles caracteriza.


Con estas seguiremos traballando o resto do ano para puír e mellorar aspectos fallados no encontro desta fin de semana, sobre todo na defensa.


Un parabén ao adversario, #Maristas, polo seu gran xogo.

E aos nosos mozos, só pedirlles que sigan con esas ganas, poden facer o que se propoñan, confiamos niso.

 

 

1, 2, 3…ROSALES!!!!