Maristas Coruña 65 – BV Asesores Los Rosales 46

Cadete Feminino:

Quedarnos ás portas da final foi sen dúbida unha sensación un tanto amarga, con todo, preferimos quedarnos coa satisfacción de lograr chegar ata aquí, que non é pouco.

O partido de onte, quitando algún que outro fallo, foi unha demostración (unha vez máis) do moito que pode dar este equipo e leva dando todos estes meses. A pesar de enfrontarse a un rival forte como son as mozas de Maristas, desde o segundo un, as nosas mozas saíron con todo, e pelexaron sen medo algún. De feito, ata os últimos minutos, o encontro estivo bastante rifado e a diferenza de puntos non era enorme. Con todo, a calor, o cansazo e un par de fallos, déronlle a vantaxe ao rival de conseguir marcar unha distancia final coa que levar a vitoria.

Volvo repetir: acaba a competición, non chegamos á final, pero eu onte saín dese pavillón coa cabeza ben alta e máis orgullosa que nunca do equipo que tiven a sorte de adestrar.

Grazas a elas, por facer o camiño fácil, pola confianza, polo esforzo e por ser EQUIPO dentro e fóra da cancha.

Grazas aos familiares e amigos por, como en cada partido, apoiarnos e animarnos.

E grazas, ao club do que temos a gran sorte de formar parte…o ter onte ese ambiente sen xogar en casa foi grazas a vosotrxs
Inmensamente afortunada por esta tempada e por poder traballar con ELAS, que a cada partido que pasaba eran as miñas nenas, os meus cadetes, MÁIS CADETES QUE NUNCA

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #cadetefeminino