Maristas Cristo Rey 62 – BV Asesores Los Rosales 30

Baloncesto Cadete Feminino 05

Partido moi complicado cun rival de gran nivel. Maristas xogou un partido no que o pase foi o gran protagonista e que nos fixo traballar a defensa individual e a liña de pase máis que nunca

En ataque tampouco foi o noso mellor día e custou moito sacar o partido adiante e acabar con boas sensacións. Aínda así as nosas non baixan os brazos e tentan esforzarse ao máximo.

A partir de aquí a seguir adestrando e a buscar a tecla apropiada para sacar o mellor rendemento posible deste equipo.

1, 2, 3, Ro Sa Les!!!