O próximo ano…. vascha a perder?

Festa do CDR 2022, un día fantástico!

Volvemos por fin despois dunha pausa dun par de anos a Gandarío a facer a nosa querida festa do club e foi un gran éxito!

Pasámonola todos xenial, ao final puidemos gozar da praia, o mar e dos deportes que tanto nos gustan, ademais de pasar un día enteiro cos nosos socios, familiares, amigos e compañeiros de equipos.

Moitísimas grazas a todos e volveremos o ano que vén!!