Orgullo Rosaleiro

Moi Orgullosos no Club Deportivo Los Rosales

Tres dos nosos Alevins de Rosaleir@ participaron esta tarde no PDC pechado para nenas e nenas nados no 2010, para o que foron seleccionados por FEGABA entre o máis destacado do baloncesto base coruñés.

Este feito supón un grande éxito tanto para os rapaces coma para o CD Los Rosales, que ve como deste xeito se recoñece en certo modo o enorme traballo que levamos fazendo dende hai 30 anos, sempre da man do CEIP Emilia Pardo Bazán, para promover a práctica do deporte entre a rapazada do noso barrio.

Noraboa a Lúa Muiño, Dani Méndez e Dani Linos, que co seu traballo e esforzo foron merecedores desta selección!! A seguir así!!

¡1,2,3 Ro…sa…les!
#orgullorosaleiro #cdrosales ceipemiliapardobazan #baloncesto #fegaba #anpamilnenos