Orillamar S.D. Mencer 1 – Emilia Pardo Bazán 2

 

Fútbol Sala Prebenxamín

En moitos aspectos, un partido moi parecido ó da xornada anterior, xogando a maior parte do tempo en campo rival e creando ocasións de gol, pero esta vez, si tivemos o premio da vitoria, que o equipo se merecía.

 

Temos que insistir en combinar e avanzar a través do pase e non depender soamente de xogadas individuais para crear perigo, aínda que iso signifique arriscar máis e que o rival teña ocasións de gol.
Hai que destacar o compromiso de todo o equipo, a ausencia dos dous porteiros, obrigounos a que en moitos momentos, estuvieran ocupando posicións no campo pouco habituais, e non só Víctor e Ramón, que foron os que ocuparon a portería, todo o grupo estaba disposto para facer o esforzo de asumir os cambios de posición ca mellor das actitudes.

E coma sempre, o público de 10, animando e axudando dende a grada durante todo o partido.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #ceipepbazan #fútbolsala