Recordatorio de fin tempada 2019/2020

Comunicado Oficial do Club Deportivo Los Rosales

Antes de calquera outra consideración, o noso desexo de que tanto as socias e socios do club como os vosos seres queridos vos atopedes ben. Son tempos de incertidume para todos, aínda así esperamos poder volver á normalidade cando sexa posible, pero tal e como está evolucionando a situación, e moi ao noso pesar, parece que teremos que dar por finalizada a actual tempada 2019/2020.

Por todo elo, e previamente a dar calquera outro paso, o primeiro que queremos e facervos partícipes das decisións que esta xunta directiva ten tomado respecto das cuotas de actividade:

  • As cuotas do terceiro trimestre, que tiñamos previsto pasar ao cobro nos primeiros días do presente mes de abril, de momento non se van a enviar.
  • Para aqueles de vos que elixiron un pago único para toda a tempada, e que fixeches tes efectivo ao inicio da mesma, o club asumirá a devolución da parte proporcional polo tempo en que a actividade quedou suspendida, que estimamos no 30% da cantidade abonada, para o que deberedes solicitalo ao club por correo electrónico.

Unha vez valorada a situación, a xunta directiva tomou os seguintes acordos:

Socios con cuota anual

Todos aqueles que queredes solicitar a devolución da parte proporcional non desfrutada da actividade, deberedes enviar un mail a clubdeportivolosrosales@gmail.com , así a todo, aqueles de vos que non solicitedes a devolución estaredes axudando activamente o mantemento e continuidade do club e da súa estrutura de adestradores cara á vindeira tempada.

Socios con cuota trimestral

O pago da cuota trimestral queda suspendido.
No caso de que a tempada non continúe non se cobrarán.
De calquera xeito, aquelas familias que voluntariamente queiran seguir apoxando ao club, ben có pago trimestral ou mediante dación voluntaria que esta xunta directiva estima en 30,00 €, colaborando na estabilidade e futuro do Club para a tempada 2020/21, podedes poñervos en contacto con nos mediante e- mail a clubdeportivolosrosales@gmail.com, do telefono do Club: 604050801.

Se queredes mais informacion deixámosvos en ligazón o documento oficial do club

Comunicado Cuotas Terceiro Trimestre

Por ultimo queremos destacar moi especialmente ao equipo técnico de adestradores, axudantes e voluntarios, que xunto có compromiso e traballo desinteresado de soci@s, son unha parte importante no desenrolo dos nos@s fill@s.

Unha forte aperta. 1,2,3, ¡Ro-Sa-Les!