Xestoría Queijo Xiria Artai 79 – BV Asesores Los Rosales 37

Cadete Femenino BV Asesores Los Rosales 04

Que é este sexa un dos mellores partidos realizados ata a data é un feito, que deixa a derrota nunha mera anécdota. As sensacións do equipo en xeral foron das mellores e máis gratificantes da tempada. Actitude durante todo o partido, ausencia de medo á hora de ir cara a canastra, unha defensa máis intensa que de costume. Moitas cousas en positivo.

Mención especial ao partidazo de Carmen, que se converteu a intres nunha pivote imparable. Creo que todas nos alegramos moito por ela.

¡1,2,3 Ro…sa…les!