ADFRO 77 – BV Asesores Los Rosales
 37

 

Senior Masculino

Partido disputado o sábado 15 de xaneiro as 16:00h no pavillón de Cocheras.

Os parciais de por si fan a crónica 21 a 10, 16 a 8, 17 a 14 e 23 a 5 dun partido que realmente só tivo historia os 5 primeiros minutos, onde unha serie de canastras contestadas poñían o marcador un arriba un abaixo, a partir do 11 a 10 xa non estivemos no partido, chegabamos tarde a todas as defensas e o aro ao que atacabamos pareceu encoller, no 3 período tivemos un momento de competición aceptable, pero o último cun -18 demostra onde estivemos.

Xa sen opcións de acadar o segundo posto no grupo queda afrontar o segundo partido contra o ADFRO, dado o marcador deste fin de semana, só cabe esperar melloría e non facer máis leña do árbore caído.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀