Basquet Xiria 54 – BV Asesores Los Rosales 38

Cadete Feminino

«Alba, por favor apraza o partido do finde». Así empezaba a semana de adestramentos para noso equipo cadete feminino.

Sabiamos con antelación que o rival ao que nos tocaba enfrontarnos nesta ocasión non ía ser para nada fácil, e a maiores, empezabamos a semana con coñecemento de que 5 das nosas xogadoras non ían poder ir ao partido (desde aquí mandámoslles moitísimo ánimo e apoio a calquera delas nas súas respectivas situacións). O que nun momento presentábasenos como difícil, agora viámolo como imposible. Pero como sempre…estas mozas non saben o que é tirar a toalla.

Chegamos o sábado a Carballo, aínda tentando disimulalo, notábase a leguas que non estabamos seguras daquel partido: o ser menos, o xogar fóra de casa, máis outros factores, eran puntos que nos restaban na seguridade coa que afrontar a situación.

Con todo, foi pisar a pista, e demostrarnos de novo, unha vez máis, que podemos con todo o que se nos bote encima. Un partido do que pensabamos que iamos saír derrotadas nun principio, presentaba un marcador de 28 – 21 no descanso. Unha diferenza de 7 puntos unicamente.

Estabamos a xogar ben…en ataque, iamos con seguridade a canastra, faciamos unha boa selección do tiro, e a pesar de que o aro non xogou ao noso favor, non podemos dicir que xogásemos do todo incómodas. En defensa, máis do mesmo…intensidade como de costume, e con posibilidade de roubar algún que outro balón. Todo ía ben na primeira parte, podiamos seguir competindo o partido, e ata volver a casa coa vitoria, pero non puido ser.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #cadetefeminino #baloncesto🏀