BV Asesores CD Los Rosales 54 – PELE Terra Cha CID. Lugo 96

Senior Masculino

Partido xogado o 26 de marzo de 2022 as 18:00 en ROSALES.

O resultado demostra a machada do fin de semana pasado, moi distinto ao que se viu na semana anterior, parciais de 10-23, 14-19, 13-31 e 17-23, o equipo lucense chegou a Coruña moi motivado ante nós, celebraban cada peldaño que subían no marcador como se unha final se tratase, xa rematado o encontro podíase escoitar a algarabía no seu vestiario.

Cun resultado tan abultado, non imos entrar no fondo técnico/táctico do partido… xa en modo de adestramento plantexamos no último cuarto conseguir 20 puntos, xogando a posesións curtas, a falta de 1 minuto e 42 segundos chegamos aos 17 puntos, a pesar de pedir un tempo morto para iso, non fomos capaces de facer ataques con perigo, nesta ocasión volvemos a sacar a alma de junior e non da categoría, SENIOR.

Recordar nesta Crónica a Pablo ao que todos os equipos do club fixéronlle unha homenaxe cun minuto de silencio en cada un dos partidos disputados, que a terra lle sexa leve.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #cadete