BV Asesores Los Rosales 48 – CB Montrove 75

Cadete Masculino 06

Finalizamos a primeira fase cunha derrota, pero boas sensacións, con xogadores que se atopan moito máis a gusto sobre a pista, cunha dinámica de equipo moito máis traballada, sabendo ao que queremos xogar, divertíndonos aínda que ás veces nos fustiguemos por fallos, apoiándonos entre todos e en definitiva sendo un equipo.

Centrándonos no partido pouco máis que dicir que imprecisións de rebote e de pase, e sobre todo un terceiro cuarto moi frouxo foi o que marcou a diferenza de case 30 puntos. Pero novamente coa sensación de poder competir de ti a ti en moitos momentos.

En breve vén a segunda fase, así que toca traballar e traballar, para que isto sexa cada vez máis disfrutable.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀