BV Asesores Los Rosales 48 – Club Santo Domingo Betanzos 72

Infantil Masculino

Esta pasada fin de semana os nosos infantis tiveron dobre xornada, ante Betanzos e Cambre respectivamente, e ambos coma locais, ainda que contra Cambre o domingo foi o mesmo que xogar de visitante xa que nos volven a conceder unha instalación onde nunca adestramos.


Ambos encontros estiveron precedidos dun mais que sentido minuto de silencio, polo falecemento de Pablo Doval, que foi membro da directiva e responsable activo de que este clube medrase ata o dia de hoxe. Sempre estará nos nosos corazons.

Respecto o partido, o resultado e bastante enganoso. Xa que o inicio do derradeiro periodo, a ventaxa para o equipo visitante era de 10 puntos, e con boas sensacions ata ese momento.
Sairon moi fortes de inicio e con fe na nosa presión, que fixo robar bastantes balons. E os ataques eran fluidos.

No segundo, Betanzos foi superior e deixou o marcador en 17-37 o descanso.

Chegou o terceiro, e os nosos botaronlle moita garra para impoñerse por 23-13 no marcador. Moi centrados en defensa ante un Bo equipo. E pechando mellor o rebote.

No último, volveu a pasar algo que esta a ser por magoa, bastante cotidian, os nosos descentraronse, coas protestas ante decisions externas, e que levaron a que abandonasen a defensa, o balance defensivo, e o espíritu de remontada. Temos que intentar mellorar a xestiion de esas emocions para ser un equipo ainda mellor, e valorar onde esta o noso equipo, disfrutar e aprender nos encontros desta fase entre os mellores da categoría.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #infantil