BV Asesores Los Rosales 49 – Xerión 43

Senior Masculino

Partido xogado o 12 de marzo de 2022 as 16:00 en Rosales contra o XERIÓN, vitoria nosa por 49 a 43 (11-14, 12-13, 13-9 e 13-7).

Como se dun calcetín se tratase, o noso partido foi cun guión dado a volta, nesta ocasión mal inicio pero bo final.

Pouco que engadir a que cando non se defende recibes canastas fáciles e se logo non tes o acerto en ataque pois complicado. A pesar disto, encontros como o de este día son os que serven para crecer, porque outra ocasión na que faltaron xogadores obrigou a outros a sumar, asemade houbo un punto de madurez ao final do último cuarto con todo igualado a falta de 2 minutos que os adestradores valoraron moi positivamente, existiu a inquietude de si solicitar algún tempo morto ou non para xestionar as últimas posesións… deixar aos xogadores en pista que asumiran o final foi das melloras cousas do partido.

PD: magoa que un xogador do Xerión impedise na gravación do partido ver con claridade unha gran acción nosa de roubo e mate… pero como dixo o protagonista, quen tiña que velo viuno.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #senior #baloncesto🏀