BV Asesores Los Rosales 51 – ADFRO 71

Senior Masculino

Parciais 14-25; 14-20; 11-12; 12-14.

Derradeira Xornada na categoría Sénior Masculina disputada ás 20:00 o mércores 13 de abril no pabellón municipal dos Rosales, na que a comanda foi disfrutar do encontro. Máis alá do resultado, ante o líder desta fase, salentar a actitude en todo momento dos xogadores que loitaron ata o final pero que nos primeiros cuartos penalizounos tanto a falta de altura para pechar os rebotes defensivos coma a efectividade de cara a canastra tras xogadas de gran calidade. Nos derradeiros, cunha defensa máis compacta e con axudas no poste baixo, seguida da velocidade en ataque, fixo que o equipo fora máis competitivo. Xa por último, só queda felicitar a todos e cada un dos que iniciaron esta tempada cun obxetivo claro, dar un paso máis cara ao anterior, pasar a fase de Ascenso, e sendo quen de conseguilo, pero máis importante ainda é que cada un aportou esforzo, actitude e traballo en aras dun ben común o EQUIPO.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #senior