BV Asesores Los Rosales 64 – Compañía de María 56

 

Cadete masculino 06

Empezamos o partido como nunca e case terminamos pedindo a hora.

Unha primeira metade moi boa con 38 puntos a favor e un primeiro cuarto espectacular en canto a xogo e presión. Chegando a ir con 25 puntos de vantaxe respecto ao rival.

 

Con todo nos dous últimos cuartos non é que se baixase o nivel, pero si a concentración, fallos nos pases, un xogo pobre de ideas en ataque, e algúns pequenos fallos defensivos creounos tensión nos últimos minutos de xogo.

De todos os xeitos, o equipo está a xogar moi bos encontros, practicando un baloncesto moi similar ao que se está adestrando e iso agora mesmo é máis que suficiente. Xa somos mentalmente máis fortes que nos primeiros partidos e creo que daremos moita guerra nos próximos.

 

1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#bvasesores #cdrosales #baloncesto