BV Asesores Los Rosales 65 – ADFRO 81

Sénior Masculino

Parciais (14-17; 20-25; 23-12; 8-27)

Gran partido dos nosos Sénior este sábado 22 de xaneiro ás 16:00 no pavillón dos Rosales. Que o resultado non vos leve a pensar que o equipo visitante tívoo fácil.

Cun persoal curto, 8 xogadores, dos cales ningún era realmente un pivot, e sendo conscientes que o equipo rival superábannos en altura, ésto non foi ningún momento do partido unha escusa para que os nosos mozos sentisen inferiores por iso.

A nosa actitude, con respecto ao partido de ida, cambiou por completo tanto en defensa como en ataque, pelexando cada unha das posesións levándonos a gañar un terceiro cuarto facéndonos poñer por diante do marcador ata ben entrado o último cuarto. Unicamente nos últimos minutos fomos superados tras realizar un gran esforzo físico e mental. Apuntar que a principios do terceiro cuarto as lesións impedíronnos a participación dalgún xogador neses minutos finais.

Xa só quédame dar o parabén non só polo gran partido que fixeron como EQUIPO senón porque tamén cumpriron parte do seu obxectivo desta tempada, tras quedar terceiros nesta primeira fase pasamos á seguinte para poder pelexar por esa tan ansiada fase final de ascenso.

Así que a por iso mozos!!

«XUNT@S COMO EQUIPO SE SE CRE E TRABÁLLASE PÓDESE»

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀