BV Asesores Los Rosales 67 – ACB Costa da Morte 33

 

Cadete Masculino 06

Bo partido dos nosos no que aos poucos o traballado vai dando os seus froitos. Xogamos medianamente ordenados en pista, hai sempre algunha xogada de calidade nos partidos e aínda que aínda falta algo de picardía e fluidez estamos no bo camiño.

Tamén destacar que o resultado do partido probablemente veu marcado polo número de xogadores que trouxo Costa da Morte, sendo unicamente 8, con varios xogadores que disputaron practicamente a totalidade dos minutos. O meu parabén por lograr esa capacidade de sacrificio por parte do equipo rival.

Quédannos por diante 4 partidos e 2 rivais para terminar a primeira fase e haberá que saír a dalo todo mantendo a intensidade durante todo o partido.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #BVAsesores