BV Asesores Los Rosales 68 – Liceo La Paz Verde 17

 

Infantil Masculino

Exceso de Relaxación. Así resumo o partido do sábado pasado en Cocheiras. Comparando os marcadores dos primeiros cuartos nos dous partidos xogados contra o Liceo, pódese intuír xa a diferenza de actitude do noso equipo, tan só unha semana despois. 5-31 na ida, 8-6 na volta. Non se moi ben o motivo, pero apostaría a que foi un exceso de confianza o que nos levou a estar moi fallones en ataque e perdendo balóns con pases ultra brandos.

Cambio o panorama no segundo cuarto, cun parcial favorable de 30-2, que fixo que xa mantivesen unha liña máis acorde coas nosas posibilidades, que son moitas. Un equipo o noso que penso vai seguir mellorando moito de aquí a final de tempada. Estamos moi ilusionados e seguiremos traballando ben para facelo o mellor posible.

Parabén polo pleno de 4 vitorias noutros tantos partidos xogados

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #BVAsesores