C. B. Laracha 79 – BV Asesores Los Rosales 38

Xunior Masculino

Parciais 12-9; 18-7; 38-15; 11-7.

Encontro disputado en Laracha o sábado 9 de abril ás 12:00. É doado saber onde fomos superados no marcador tanto en puntos coma en xogo se ollamos os parciais. O terceiro cuarto foi na maioria dos encontros desta tempada o noso quebradeiro de cabeza. Faltos de intensidade ao pechar o rebote defensivo e pouco resolutivos en ataque fan que as diferenzas sexan as que reflicten ao final no electrónico. Quédanos o derradeiro partido na nosa casa na que esperamos dar outra imaxe e rematar a tempada con mellores sensacións.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #xunior