CB Arteixo Duacode 21 – CD Los Rosales EPB 46

 

Pre Mini Basket 12

Xa se sabe o moito que pelexan estes peques, desde o principio fórono demostrando…pero o sucedido esta xornada é como para emocionarse.
Volvemos das vacacións de entroido un pouco desconcentrados, e aínda sen perder a esencia, si é verdade que os descoidos nos xogaron malas pasadas nos dous partidos anteriores.

Incidimos moito na concentración durante esta semana de adestramento, na confianza, na intensidade…e todo traballo ten o seu resultado. Hoxe non me enorgullece o levarnos a vitoria para casa, se non, o ver a gran mellora que se tivo desde inicio de tempada. O velos a TODOS con confianza ao botar…o non ter medo a tirar a canastra e pelexar por cada rebote…o deixarse todo en pista defendendo…de verdade que hoxe me deixaron sen palabras estas personitas.

O día a día traballando, o poñer atención ás correccións, as ganas e o interese…iso estalles facendo crecer tan rápido e tan ben neste deporte. E xa a maiores, para poñerlle a guinda ao pastel…son EQUIPO, anímanse e apoian lxs unxs a lxs otrxs de forma incondicional…son incribles.

Parabén aos nosos benjas pola vitoria, pero sobre todo, parabén por todo o esforzo, tanto en entrenos como en partidos…van chegar moi lonxe.

Grazas a eles, por gozar e facerme gozar tanto do baloncesto. Que xamais perdan esa alegría e enerxía polo xogo.
Grazas tamén e como sempre ao noso marabilloso público, que sempre nos anima e apoia: sodes unha parte imprescindible do equipo.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀 #minibasket