CB Laracha 25 – CD Los Rosales EPB 24

 

Mini Basket Mixto 13

Un partido para lembrar, aínda que empezamos lentos cun inicio un pouco regular no que chegamos a perder 22-11, os mozos puxéronse as pilas e empezaron a poñer en práctica o adestrado e á vista está polos resultados que pelexaron como uns campións no que foi sen dúbida o mellor partido ata o de agora tanto pola loita ata o final, como pola emoción e a alegría de todos pais, nenos, e adestradores por un partido que se pelexou ata o final e foi divertido como poucos, se seguimos por este camiño, estou seguro que este equipo vai conseguir incribles resultados e sobre todo vai seguir pasandolo xenial, moi orgulloso deste grupo que nunca tira a toalla e que demostran que se queren, poden.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀