CB Montrove 84 – BV Asesores Los Rosales 52

Cadete Masculino 06

Voltamos das vacacións de Nadal e sen dúbida aínda estamos a coller o ritmo. Empezamos un partido moi durmidos e mesmo diría que moi tranquilos. Faltáronnos nese inicio gañas de chocar e esprintar, porque en canto arrincamos soubemos enfrontarnos ao rival de ti a ti e obrigalo a pedir tempos mortos. Con todo o desgaste físico, as baixas que tiñamos e algúns fallos defensivos que non adoitamos ter decantaron o partido en favor do rival.

Aínda así en termos xerais moi contento coa actuación dos nosos, demostraron estar dispostos a sacrificarse ata o último minuto, sen perder de vista o obxectivo principal que é gozar deste deporte. Esperamos darlles máis guerra na volta.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀